Publicado por: F.G. Atletismo
O vindeiro día 30 de novembro terá lugar nas pistas de atletismo da Escola Naval Militar de Marín un dos clásicos e tradicionáis encontros atléticos entre a citada escola e un Combinado Galego.
Esta edición número dazasete, constitúe ademáis dunha experiencia deportiva moi enriquecedora, unha boa oportunidade para coñecer e compartir por uns intres o funcionamento dunha das academias militares máis prestixiosas do Mundo.
Todos aquelas e aqueles interesados en tomar parte no citado evento e anotarse no Combinado Galego, poderán inscribirse en : pontevedra@atletismo.gal
O horario provisional dará comezo as 12.45 horas para rematar sobre as 14.15 horas cas premiacións
Horario provisional
- 12.45 horas Peso mixto
- 12.45 horas Altura mixto
- 12.50 horas 100 m.l. mixto
- 13.00 horas 200 m.l. mixto
- 13.10 horas 400 m.l. mixto
- 13.10 horas Xavalina mixto
- 13.10 horas Lonxitude mixto
- 13.20 horas 800 m. mulleres
- 13.25 horas 1500 m. homes
- 13.35 horas 4×100 mixto
- 13.40 horas 4×400 mixto
- 13.50 horas Cros mixto
- 14.15 horas Premiacións
O artigo Inscríbete no XVII Encontro Escola Naval – Combinado Galego publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Inscríbete no XVII Encontro Escola Naval – Combinado Galego