Publicado por: F.G. Ciclismo
A Copa Galicia chegou ao seu punto e final coa dobre cita celebrada en Ourense: o sábado coa disputa do XI Trofeo Castelo de Maceda e o domingo o primeiro Premio Estacións Vivas en Baños de Molgas. As diferentes categorías en disputa chegaron á recta final da competición coas súas clasificacións resoltas fóra das ciclistas de categoría sub23 onde a ausencia da marinense Irene Trabazo que se atopa correndo en Bélxica, facilitou que Zaida González (Roseira) acabase logrando a camisola de líder da súa clase.
O Trofeo de Maceda permitiu aos afeccionados ver unha nova exhibición dos ciclistas do conxunto local grandes dominadores desta disciplina e con bitola de favoritos nos próximos Campionatos de España Pontevedra 2019. Ademais, a proba maceda era a última oportunidade para os galegos de obter puntos para o ránking nacional. O junior Carlos Canle venceu con comodidade a súa carreira do mesmo xeito que o fixeron Iván Feijoo e Saúl López en sub23 e elite, respectivamente.
A campioa galega Lucia Vázquez ( Prorebordosa) fixo o propio entre as elite fémenina e o master 30 Alejandro Mesias ( Quintena) reivindicábase con dous triunfos na súa categoría.
O domingo disputouse a cita organizada polo Club Ciclista Ourensán en Baños de Molgas onde moitos ciclistas optaron por reservarse pensando no Campionato de Galicia do próximo día 30 en Pontevedra. Esta circunstancia motivo que se puidesen ver podios inéditos nesta campaña e grandes carreiras en todas as quendas celebradas.
Concluída a tempada regular que este ano alcanzou as quince probas, os gañadores da Copa Galicia foron: Adrián Valverde (Rías Baixas) e Mª José Gómez (Cambre) en elite; Samuel Gonzalez ( Guerciotti) e Zauda González (Roseira) en sub23; Jorge Fernández (Ponteareas) e Andrea García (Maceda) en junior; Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Laura Capa ( Marin) en cadete; Andrés Calvete (Monte Xalo) e Montserrat Martínez ( Saertex) en master 30; Alejandro Trasbach (Racing) e Mónica Alarcón ( Arcadecicles) en master 40 e Antonio Sousa ( Bifase) en master 50.
Clasificacións das carreras
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
ELITE |
Saúl López |
Maceda |
1º |
|
Adrián Valverde |
Rías Baixas |
2º |
1º |
|
Jacobo Ucha |
Maia |
3º |
2º |
|
Darío M. Otero |
Compostelano |
|
3º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
SUB23 |
Iván Feijoo |
Maceda |
1º |
1º |
Samuel González |
Kiwi Atlántico |
2º |
2º |
|
Pablo Álvarez |
Cambre |
3º |
3º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
ELITE F |
Lucía Vázquez |
Prorebordosa |
1ª |
1ª |
Sandra do Santos |
Independiente |
2ª |
|
|
Mª José Gómez |
Cambre |
3ª |
2ª |
|
Mª Jesús Barros |
Spol |
|
3ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
SUB23 F |
Sara Yusto |
Delikia |
1ª |
|
Marta Vila |
Xtrembike |
2ª |
1ª |
|
Zaida González |
O Rosal |
3ª |
2ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
JR |
Carlos Canal |
Maceda |
1º |
|
Jorge Fernández |
Ponteareas |
2º |
1º |
|
Xoel Montes |
Avanza |
3º |
2º |
|
Roi López |
Compostelano |
|
3º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
JR F |
Carla Fernández |
Rio Miera |
1º |
1ª |
Noela Saa |
Maceda |
2ª |
|
|
Andrea García |
Maceda |
3ª |
2ª |
|
Alba Méndez |
Cambre |
|
3ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
CD |
Martín González |
Maceda |
1º |
2º |
Miguel Rodríguez |
Ponteareas |
2º |
1º |
|
Rubén Sánchez |
Sanse-Motor |
3º |
|
|
Ricardo Martín Buba |
Coruxo |
|
3º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
CD F |
Laura Capa |
Marín |
1ª |
1ª |
Zaira Vila |
Coruxo |
2ª |
2ª |
|
Laura García |
Jonhy Berria |
3ª |
|
|
Sonia Domínguez |
Marín |
3ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
M3 F |
Montserrat Martínez |
Saertex |
1ª |
1ª |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
M3 |
Alejandro Mesias |
Ciclosquintena |
1º |
1º |
Andrés Calvete |
Monte Xalo |
2º |
|
|
Oscar Vázquez |
OVC Bikes |
|
2º |
|
Luciano Carretero |
Cambre |
3º |
|
|
Roberto Rodríguez |
Demobike |
|
3º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
M4 F |
Mónica Alarcon |
Arcadecycles |
1ª |
1ª |
Sara Isaach |
Meira |
2ª |
2ª |
|
Ana Isabel García |
Jarnachas |
3ª |
|
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
M4 |
Alejandro Trasbach |
Racing |
1º |
|
Xacob Agra |
Louriña |
2º |
|
|
Guillermo Álvarez |
Condado |
3º |
|
|
Moises Leboso |
10 GD |
|
1º |
|
Constantino Muñoz |
Pan de Zarco |
|
2º |
|
Xan Rey |
CC Rey |
|
3º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
M5 |
Mario Castro |
Cortizo |
1º |
|
Antonio Sousa |
Bifase |
3º |
2º |
|
Javier Lago |
Spol |
2º |
|
|
Marcial Rodríguez |
Quebici |
|
1º |
|
José Mª Magariños |
Condado |
|
3º |
CAT |
CICLISTA |
CLUB |
MACEDA |
MOLGAS |
M6 |
Manuel González |
Bici O Con |
1º |
1º |
José Manuel González |
Maceda |
2º |
3º |
|
Antonio J. Fernández |
Cambre |
3º |
2º |
Enlace con la noticia original: A Copa galicia de ciclocrós botou o pano en terras ourensáns