A Copa Galicia BTT Maratón regresa coa Viveiro Bike Xtreme

Publicado por: F.G. Ciclismo

Despois de arrancar o pasado mes de febreiro coa Transheroica no Saviñao, a Copa Galicia BTT Maratón vivirá este domingo a súa segunda xornada coa Viveiro Bike Xtreme. Os mellores especialistas autonómicos desta modalidade daranse cita na Mariña Lucense para afrontar un percorrido de 65 kilómetros, con 2.500 metros de desnivel acumulado. A proba organizada pola Peña Ciclista Lar porase en marcha ás 09:00 horas dende a Praza Maior de Viveiro.

Os bikers elites Manuel Piñeiro (MTC Team) e Lara Lois (Extol – La Gramola Team) chegan a este desafío como líderes dos rankings absolutos. No resto de categorías lucirán os maillots de primeiros clasificados Rubén Atrio (Arcadecycles) e Mónica Restrepo (Tres Lunas) en máster-30, Alejandro Trasbach (Racing Cycling) e Isabel Picoaga (7 Voltas) en máster-40, e José Manuel Pérez (Castropol Deporte) nos masters-50/60.

 


Enlace con la noticia original: A Copa Galicia BTT Maratón regresa coa Viveiro Bike Xtreme

Mas noticias relacionadas