Chega a Ames a XIII Carreira Ciclista do Pavo, que se celebrará este sábado 21 de decembro

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Este sábado, 21 de decembro, desenvolverase a partir das 16.00 horas, nos arredores do parque do río Ameneiral, en Bertamiráns, a décimo terceira edición da Carreira Ciclista do Pavo. Organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e co Concello de Ames, nela poderán participar tanto adultos como os máis pequenos da casa. As inscricións, que son gratuítas, poden realizarse enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal proporcionando nome e apelidos e idade dos participantes, ou chamando ao 677 555 748.

A XIII Carreira Ciclista do Pavo terá lugar este sábado con motivo das festas do Nadal. Dará comezo ás 16.00 horas con xincanas ciclistas para os máis pequenos. No caso de que queiran participar en triciclo, ou con axuda das dúas rodas pequenas, tamén o poden facer, e a propia organización axudará dispoñendo do material. Xa ás 17.00 horas iniciarase a carreira, na que poderá participar calquera persoa de 15 anos en adiante, tanto si está federada como se non. É obrigatorio o uso de casco en ambas.

O circuíto da carreira terá un trazado circular, tendo como punto de partida e remate o parque do Ameneiral, e daranse 30 voltas aproximadamente. Só hai unha categoría, polo que os primeiros que cheguen a meta recibirán un pavo, un polo e unha perdiz, nesa mesma orde, tendo como maior ou menor valor o seu tamaño.  Cómpre engadir que non se trata de animais vivos.

As inscricións, que son gratuítas, poden formalizarse de maneira presencial, no mesmo parque do río Ameneiral, antes de que comece a carreira, enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal proporcionando nome e apelidos e idade dos participantes, ou chamando ao 677 555 748.

Fonte: Concello de Ames


Enlace con la noticia original: Chega a Ames a XIII Carreira Ciclista do Pavo, que se celebrará este sábado 21 de decembro

Mas noticias relacionadas