Publicado por: F.G. Ciclismo
Ante o próximo comezo da temporada de ciclocross 2019/2020, a Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubes interesados a unha reunión que terá lugar o xoves, 11 de xullo, as 19.00 horas, na sede da Delegación Galega de Fútbol, sita no Estadio Multiusos de San Lázaro, de Santiago de Compostela. Os puntos a tratar serán os seguintes:
– Elaboración do calendario galego
– Información sobre o calendario nacional e autonómicos
– Normativa Técnica. Título IV-Probas de Ciclocross 2019/2020
– Estudo e análise de propostas
Enlace con la noticia original: Reunión de ciclocross para clubes e organizadores o xoves 11 de xullo