A Selección de Galicia Júnior, décima na CRE de La Cistérniga

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

A dobre cita desta fin de semana para a Selección de Galicia Júnior na provincia de Valladolid arrancou hoxe coa contrarreloxo por equipos (CRE) do III Trofeo La Cistérniga Viana de Cega. O combinado autonómico acadou o décimo mellor tempo nos 17,5 quilómetros de percorrido. 

Adrián Giráldez, Brais Gómez, Iván Rodríguez, Uxío San Martín, Brais García e Martín Soutullo formaron o sexteto dirixido polo seleccionador Guillermo Sande. O seu rexistro na liña de meta foi de 23 minutos e 27 segundos. 

O triunfo correspondeulle á selección de Cantabria (21:47) e o podio completárono Euskadi (22:21) e o equipo Polartec – Kometa (22:29). Un total de 26 conxuntos tomaron a saída. 

Este domingo a Selección de Galicia disputará o Trofeo Federación  Copa Valladolid 'Memorial Ángel Lozano', que arrancará ás 11:00 horas dende La Cistérniga. O percorrido de 116 kilómetros conta con cinco cotas de montaña e rematará na Cúpula do Milenio, en Valladolid. 


Enlace con la noticia original: A Selección de Galicia Júnior, décima na CRE de La Cistérniga

Mas noticias relacionadas