Raúl García de Mateos adxudicouse a Clásica de Pascua e vestiuse o primeiro maillot de líder da Copa Galicia Elite e Sub23

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

O Club Ciclista Padronés logrou conseguir a vitoria na súa casa ao impoñerse na 56ª Clásica de Pascua de Padrón co corredor elite Raúl García de Mateos, que conseguiu culminar un excelente traballo da escuadra local.

Un centenar de ciclistas enfrontáronse á Clásica de Pascua, primeira cita puntuable para a Copa Galicia Elite e Sub23 de estrada,  na que a choiva foi protagonista. Aos dous quilómetros de producirse a saída, unha caída na que se viron implicados tres corredores obrigou a parar a carreira para que unha nova ambulancia incorporásese ao evento. Unha vez retomada a carreira, no km 30 formouse unha fuga con 4 corredores, entre eles o representante local Jorge Martín Montenegro. A fuga da xornada levouse as metas volantes e os premios de montaña.

Estes corredores foron alcanzados por un grupo intermedio ao pelotón de 11 unidades, facéndose unha nova cabeza de carreira con outros tres ciclistas, precisamente os tres que se disputarían poucos quilómetros despois a vitoria: Raúl G. De Mateos (Cortizo- Anova), Guillaume Almeida (Fortuna Maia) e Martín Lestido (Supermercados Froiz).

En canto ao resto de clasificacións, o triunfo por equipos foi para o Fortuna Maia, mentres que Guillaume Almeida (Fortuna Maia) levou a clasificación da montaña e Antonio Angulo (Rías Baixas) a das metas volantes.

 

Fonte: Club Ciclista Padronés

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Raúl García de Mateos adxudicouse a Clásica de Pascua e vestiuse o primeiro maillot de líder da Copa Galicia Elite e Sub23

Mas noticias relacionadas