CAMPIONATOS DE ESPAÑA (SUB18 en PC e CAMPO A TRAVÉS)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctosespaa_10-110318.jpg
 
Esta fin de semana estaranse a disputar tamén os CAMPIONATOS DE ESPAÑ SUB18 DE PISTA CUBERTA e de CAMPO A TRAVÉS, nas localidades de Antequera e Mérida. Seguide lendo para coñecer os representantes do Lucus Caixa Rural Galega nesta ocasión, así como consultar os horarios e seguir os resultados en directo!
Durante o sábado e o domingo, celebrarase o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18 (xuvenil) de PC, comezando nas primeiras horas do sábado e rematando na xornada de mañá do domingo. Logo de representar á Comunidade Autónoma de Galicia coa Selección Española a pasada fin de semana en Murcia, no Campionato de España de Campo a través para as categorías sub16 (cadete) e sub18 (xuvenil), Lucía López López correrá os 800m.l. nesta ocasión a nivel nacional, tratando de superar a marca de 2:20.83 que logrou no Campionato galego do pasado mes de febreiro, que tivo lugar na pista cuberta de Ourense. Podedes seguir os RESULTADOS en directo desde a imaxe posterior e consultar o HORARIO DEFINITIVO no seguinte enlace.
 
resultadosbotn.png

 

Xa no domingo, ao longo da mañá, terá lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAMPO A TRAVÉS, que poderedes seguir con imaxe en directo a través deste enlace. Ata Mérida viaxaron representando a Galicia, Juan Santiago Cacharro Rielo, que correrá os 8km a partir das 11:00 horas na categoría sub20 (xunior) masculina; e Esteban Iglesia Vila, que aproximadamente sobre as 13:00 horas do mediodía disputará os 10km na categoría absoluta masculina. Podedes consultar o REGULAMENTO co horario correspondente no seguinte enlace
 

MOITA SORTE A TODOS/AS 
 

Enlace con la noticia original: CAMPIONATOS DE ESPAÑA (SUB18 en PC e CAMPO A TRAVÉS)

Mas noticias relacionadas