Toimil e Peleteiro rumbo ao Campionato de Europa

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe dábase a coñecer a lista oficial de seleccionadas e seleccionados para tomar parte no Campionato de Europa de Pista Cuberta  onde saltaba a formidable noticia da selección de Belén Toimil quen tomará parte no concurso de lanzamento de peso e que completa a expedición galega xunto a Ana Peleteiro que xa estaba seleccionada no concurso de triplo.

Con esta selección, faise xunstiza á formidable tempada invernal que está a ter a nosa mundialista e quen recentemente melloraba a súa MMP en nada menos que en sesenta e dous centímeros chegando ata os 17.86 m. A maiores lograba recentemente o campionato de España de pista cuberta transmitindo unhas excelentes sensacións que fan presaxiar un máis que probable Récord de España Absoluto da especialidade que está en 17.94.

Pola súa banda a plusmarquista nacional de triplo Ana Peleteiro, tamén lograba no pasado campionato de España o seu título nacional número dazaseis o que fará que acuda a cidade polaca de Torún con maior seguridade na defensa do seu título europeo que conseguira en Glasgow no ano 2019 e onde establecería a súa MMP de 14.73 m.

O artigo Toimil e Peleteiro rumbo ao Campionato de Europa publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Toimil e Peleteiro rumbo ao Campionato de Europa

Mas noticias relacionadas