Citas en Montijo e Barbastro para o sector de lanzamentos

Publicado por: F.G. Atletismo

Novamente o sector de lanzamentos longos contará esta fin de semana cunha importante actividade nacional tanto por parte da categoría absoluta como por parte da máster.

A nivel absoluto, contaremos ca disputa do Campionato de España de lanzamentos longos de inverno en Montijo onde tomarán parte sete das nosas e nosos lanzadores.

Sen lugar a dúbidas a xavelina será o foco de atención xa que concurren nada menos que catro das nosas mellores lanzadoras, estre as que se atopa a internacional e campioa de España en dez ocasións, Lidia Parada do Atletismo Barbanza, quen se achega ca segunda mellor marca das participantes. Xunto ela estarán lanzando a subcampioa nacional de aire libre do ano pasado Carmen Sánchez, a subcampioa de España Sub23 Ivanna Carolina Román do Ría Ferrol e a temén subcampioa de España Sub23 do ano 2018 Andrea González da Gimnástica.

A maiores contaremos ca presenza no martelo de Irene Gómez quen o pasado fin de semana lograba o título nacional de promoción.  Por parte masculina teremos a Carlos Revuelta, quen aspirará a mellorar a cuarta posición no nacional de lanzamentos que lograba o ano pasado. O tamén martelista Sub23 Yago Araujo de Real Club Celta,  debuta nesta categoría na que intentará facer un bo campionato como xa fixera o ano pasado cando lograba o bronce sendo Sub20.

Campionato de España de Lanzamentos máster

Continuando cos lanzamentos nacionais, tres serán finalmente as galegas e galegos máster que acudan esta fin de semana a tomar parte na localidade aragonesa de Barbastro, ao nacional de lanzamentos longos de inverno

Ana Abuín da Atlética A Silva será quen defenda os seus dous títulos nacionais F60 de martelo e martelo pesado logrados o ano pasado en San Fernando. Por parte masculina, dobre representación no lanzamento de xavelina con presenza de Pepe Domínguez da Atlética A Silva quen lograba no 2020 o subcampionato no nacional M45 de lanzamentos longos de inverno en Zuera, e a de Javier Viteri do Samertolameu na M55 quen faría o propio ca súa medalla de prata lograda en San Fernando.

O artigo Citas en Montijo e Barbastro para o sector de lanzamentos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Citas en Montijo e Barbastro para o sector de lanzamentos

Mas noticias relacionadas