ABERTO O PRAZO PARA TRAMITAR AS LICENZAS – TEMPADA 2022

Publicado por: Lucus Atletismo

Xa está aberto o prazo para tramitar as licenzas deportivas da TEMPADA 2022 para as categorías do Club (atletas de 2008 en adiante, de SUB16 a Máster), que abarcará do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021.

 

O procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN no Club será o seguinte:

1.- Cubrir a ficha de inscrición do Club e declaración responsable COVID-19 (dispoñible ➤aquí).

2.- Realizar o pago da cota anual do Club (100€) por transferencia bancaria ou de xeito presencial na oficina, en efectivo ou con tarxeta.

3.- Enviar a documentación (ficha de inscrición e xustificante do pago) por e-mail a atletismolucus@yahoo.es ou entregalo de xeito presencial na oficina, en horario de atención ao público (podes consultalo aquí).

! En caso de atletas procedentes do estranxeiro, deben enviar a tarxeta de residente e o certificado de empadroamento.

 

O prazo ordinario para tramitar as licenzas será do 1 ao 30 de novembro de 2021; fóra dese período, será responsabilidade de cada atleta os recargos que aplique a Federación. 

 

Lembrade que debedes autorizar o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais por parte da Federación, podedes facelo desde aquí. Sen ter enviado o consentimento legal, a Federación non tramitará a licenza deportiva.

Moitas grazas a todos/as por seguir confiando en nós e formar parte da familia LUCUS!

Enlace con la noticia original: ABERTO O PRAZO PARA TRAMITAR AS LICENZAS – TEMPADA 2022

Mas noticias relacionadas