Publicado por: F.G. Atletismo
Un total de cinco atletas galegos participaron esta pasada fin de semana no Campionato de España de milla en ruta máster que se levou a cabo na localdade cántabra de Polanco.
A nivel de resultados, na categoría M50, os galegos Xabier Díaz do Lucus Caixa Rural e Daniel Bargiela do Bikila lograban sendos postos de finalistas ao entrar en meta no sexto e oitavo posto respectivamente.
Duas excelentes medallas
O máis salientable foron as dúas medallas logradas na categoría feminina. Soledad Leiro do SD Compostela cun tempo de 5:36 colleitaba o metal de prata na cateoría F50 estabrecendo un novo récord galego da modalidade, á que se lle sumaba a tamén medalla de bronce que lograba Begoña de Arriba do Egovarros de Viveiro na categoría F65 cun tempo de 8:29.
(Foto Concello de Polanco)
O artigo Leiro e de Arriba destacan no estatal de milla en Ruta máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Leiro e de Arriba destacan no estatal de milla en Ruta máster