A canteira da Selección galega de marcha, impresiona en Cieza

Publicado por: F.G. Atletismo

Unha vez máis, excelente actuación da Selección galega de marcha que volta dos campionatos de España celebrados en Cieza esta fin de semana, cun formidable balance de tres medallas seis postos de finalistas, un récord galego e sete MMP.

A nivel de seleccións o combinado galego Sub16 masculino proclamábase campión de España logo da excelente actuación de todos e cada unha dos seus integrantes. O equipo liderado por Antón García que entraba moi preto da medalla de bronce individual, sumaba un total de 20 puntos na clasificación xeral nunha disputa moi reñida ca selección andaluza. No combinado galego Pablo Pérez (7º) e Mateo Millán (9º) lograban MMP completando actuación Diego Lema (25º) e Juan Pernas (29º).

Si excelente foi a actuación dos rapaces Sub16, non menos quixeron ser as rapazas. O combinado guiado por unha gran Eva Veiga que remataba na sexta posión con MMP, sumaba un total de 25 puntos quedando a tan só un punto da selección gañadora. Compre destacar a gran actuación en conxunto do equipo con Alba Vázquez (8ª), Daniela Mourín (11ª) e Martina Castro con MMP (26ª).

Seguindo a nivel de seleccións, tanto os Sub20 masculinos como femininos, lograban unha boa sexta posición por comunidades. En homes Mateo Valcarcel quedaba as portas do podio na categoría Sub18 logo de completar os 10K con crono de 45.52 MMP e na categoría feminina era Icía Ares a mellor das galegas entrando en meta de 5ª na categoría Sub20.

Si todo esto acontecía a nivel de seleccións, a nivel individual o protagonismo foi para Nico Collazo quen lograba proclamarse subcampión de España na categoría Sub20 cun rexistro de 42:21. O atleta de Ames, campión galego absotuto e que xa sabe o que é estar no podio dun campionato de España, rebaixaba ademáis en trece segundos a anterior plusmarca galega en mans de Jorge Silva desde o ano 1998.

No resto de actuacións, Natalia González completaba a súa proba dos 10K Sub18 entre as dez primeiras e xa na distancia de maratón, ningún dos tres galegos que tomaban parte foron capaces de rematar esta nova modalidade. Dani Chamosa abandoaba no Km33,  Carmen Escaríz facía o propio no Km23 e a campioa galega absoluta Mar Chillón no Km21.

Resultados da actuación galega

  • Selección Sub16 feminino, 2ª Galicia con 25 puntos: 6ª Eva Veiga 25:49/ 8ª Alba Vázquez 26:11/ 11ª Daniela Mourin 26:43/ 26ª Martina Castro 28.23
  • Selección Sub 16 masculino, 1º Galicia 20 puntos: 4ª Antón Díaz 24:24/ 7º Pablo Pérez  25:25 MMP/ 9º Mateo Miñán  25:35 MMP/ 25 Diego Lema 29:26/29º Juan Pernas,29:58
  • Selección Sub20 feminino, 6ª Galicia con 61 puntos: 10ª Icía Ares 52:34/15ª Natalia González /36ª Sabela Pena, 57:59/ 42ª Paula Cela, 1h.00:37
  • Selección Sub20 masculino, 6ª Galicia 50 puntos: 2º Nico Collazo 42:21/ 11º Mateo Valcarcel 45:52/ 37 Nady Moreira 54:26
  • Individual. 5Km Sub16 feminino : 6ª Eva Veiga (LUCUS CRG) 25.49 MMP/ 8ª Alba Vázquez (At. Piringalla) 26.11/ 12ª Daniela Mourin (At. Lucense) 26.43/ 26 Martina Castro (At. Lucense) 28.23 MMP
  • Individual. 5 km Sub16 masculino: 4ª Antón Díaz (At. Narón) 24.24/ 7º Pablo Pérez (At. Sada) 25.25 MMP/ 9º Mateo Miñán (Gimnástica) 25.35 MMP/ 30º Juan Pernas (Ames At.) 29.58
  • Individual. 10 Km Sub18 feminino: 10ª Natalia González (Celta At.) 53.27/ 28ª Sabela Pena (At.Sada) 57.59 MMP/34ª Paula Cela (ADAS CUPA) 1h.00:37/41ª Laura Vidal (At. Celta)1h.02:53/43ª Ximena Vidal (At. Celta) 1h.04:03/ Alba Morales (Marineda At.) Retirada
  • Individual. 10Km. Sub18 masculino: 4º Mateo Valcarcel (ADAS-CUPA), 45.52 MMP
  • Individual. 10 km. Sub20 feminino. 5ª Icía Ares (Sanysec-Ourense) 52.34/24ª Celti Bedia (At. Narón)1h.02:25/
  • Individual. 10Km. Sub20 masculino: 2º Nico Collazo (Ames At.) 42.21 MMP/ 16º Nadyr Moreira (Ames At.) 54.26
  • Individual. Maratón Absoluto masculino: Dani Chamosa, retirado
  • Individual. Maratón absoluto feminino: Carmen Escaríz e Mar Chillón, retiradas

Resultados

O artigo A canteira da Selección galega de marcha, impresiona en Cieza publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A canteira da Selección galega de marcha, impresiona en Cieza

Mas noticias relacionadas