Publicado por: F.G. Atletismo
Excelente campionato organizado polo Concello de Barbadás esta fin de semana correspondente ao autonómico de Trail Running classic. A el acudiron máis de cen atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade para tomar parte nesta edición.
A primeira das probas en disputarse foi o trail longo que contaba cunha distancia de 23,2 Km, e un desnivel de 1350 m. aprox. Nesta carreira impúxose na categoría masculina Alexandre Otero do club de Montaña Vértice quen revalidaba o título logrado o ano pasado en Caldas de Rei ao marcar un crono de 2h.06:29. Na categoría feminina a campioa galega foi María Martínez do At. Porriño con 2h.41:50 quen voltaba a gañar novamente na categoría absoluta logo do ser segunda o ano pasado.
Xunto aos gañadores estiveron na zona de podio absoluta Anxo Cid do Castro Trail a 3:51 do gañador e Rubén Ínsua da A.D. Olimpia a 4:02. No tocante á categoría feminina, o subcampionato galego foi para Antía Goberna do Asesou a 11:09 e o bronce para Beatríz Barroso do At. Noia a 11:25.
Como novidade, esta edición contaba tanto cunha carreira como cunha distancia específica para os Sub23 de 11 Km. con desnivel de 560 m aprox. da que resultaron gañadoras a internacional Emma Méndez da At. Lucense cun rexistro de 1h.07:43 Eloy Martínez do NB Team con 55:44.
Gañadoras e gañadores galegos por categorías
- Absoluto. María Martínez (At. Porriño) e Alexandre Otero (Vértice)
- Senior. Antía Goberna (Asesou) e Alexandre Otero (Vértice)
- Máster 35. María Martínez (At. Porriño) e Anxo Cid (Castro Trail)
- Máster40.Lucía Peón (At. Arenteiro) e Anxo García (Tribu Trail)
- Máster45. Beatríz Barroso (At. Noia) e Samuel Saborido (At. Sar)
- Máster50. Susana Fernández (Asesou) e Federico Losada (Castro Trail)
- Master55. Raquel Estévez (CD Pinarium) e Emilio Montilla (CD Biosbrado)
- Máster60. Juan Rivas (C.A.Cambados)
- Sub23. Emma Méndez (At. Lucense) e Eloy Martínez (NB Team)
O artigo Barbadás coroa á élite galega en Trail Running publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Barbadás coroa á élite galega en Trail Running
