Publicado por: F.G. Atletismo
Na xornada de hoxe deu comezo nas pistas de atletismo da Estrada a primeira cita do I Circuito de Atletismo en pista da Deputación de Pontevedra, que reuniu, nun excelente ambiente deportivo, a un destacado número de atletas e clubs participantes.
A celebración desta primeira xornada marca o punto de partida dun circuíto que se suma aos xa impulsados polo resto das deputacións galegas, e cuxo principal obxectivo é a promoción das categorías base, sen esquecer a inclusión de probas dirixidas ao resto de categorías.
Desde a Federación Galega de Atletismo valórase moi positivamente a posta en marcha deste tipo de iniciativas, que contan cunha elevada participación. Así mesmo, saliéntase “o gran traballo da Deputación de Pontevedra no patrocinio de múltiples proxectos atléticos que mobilizan e axudan a milleiros de atletas cada ano”.
Cinco xornadas ao longo de 2026
Ao longo do ano 2026, a Federación Galega de Atletismo, como entidade organizadora, e a Deputación de Pontevedra, como organismo patrocinador, desenvolverán un total de cinco xornadas, que terán lugar nos concellos da Estrada, Pontevedra e Vigo nas seguintes datas:
- 1ª xornada: 24 de abril, na Estrada
- 2ª xornada: 6 de xuño, en Vigo
- 3ª xornada: 21 de novembro, en Vigo
- 4ª xornada: 28 de novembro, en Pontevedra
- 5ª xornada: 4 de decembro, en Vigo
O artigo A Estrada acolle o inicio do I Circuito de Atletismo en pista da Deputación de Pontevedra publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A Estrada acolle o inicio do I Circuito de Atletismo en pista da Deputación de Pontevedra
