Publicado por: S.G.Pontevedra
Xa é unha cita clásica do verán pontevedrés e este ano está de décimo aniversario!. O 29 de agosto a partir das 19:30 horas a praza da Ferrería de Pontevedra voltará convertirse nunha pista de atletismo para que todo o que queira achegarse desfrute dunha auténtica exhibición.
Os que viñeron acompañarnos nos anos anteriores saben que é un espectáculo ver o salto de lonxitude, o triplo salto e o salto con pértega a escasísimos metros, como nunca antes, nunha das prazas máis icónicas e fotografadas da nosa cidade.
Teremos con nós a campións galegos, top10 nacionais, campións de Portugal e todo para que vos abraiedes vendo o que nós vemos dende a pista.
Ademais, este ano, teredes unha narración de auténtico luxo: o olímpico Juan Carlos Higuero. Ninguén mellor que un atleta de tantísimo nivel (10 veces campión de España, campión de Europa, bronce mundial e cuarto nos Xogos de Pekín) e que, ademais, ten unha amplísima experiencia na narración de eventos de atletismo. Sen dúbida, unha aportación de moitísimo valor para que todos desfrutedes e aprendades un pouquiño máis sobre este deporte.
Atención ás nosas redes as próximas semanas para descubrir máis detalles…
Contamos convosco para ver de qué son capaces este ano? Vémonos no Saltar na Rúa!
Enlace con la noticia original: O X Saltar na Rúa xa está quecendo para abraiar! ·2026·
