Galicia estará representada por sete atletas e un xuíz no Europeo de Birmingham

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe a RFEA comunicaba a selección definitiva dos atletas que tomarán parte no próximo Campionato de Europa de aire libre que se celebrará en Birmingham do 10 ao 16 de agosto e a onde acudirán un total de 94 atletas dos cales sete serán galegos e galegas. A lista de convocados anunciabase tras cumplir os requisitos establecidos pola European Athletics e os criterios de preselección fixados polo Área de Alto Rendimento, e a Dirección Deportiva de la RFEA.

Entre a presenza dos galegos e galegas contaremos ca participación da olímpica Esther Navarrete que irá na procura de repetir, e mesmo mellorar, o gran podio logrado na pasada edición na distancia de media maratón xunto a tres das tamén presentes na cidade británica. A viguesa de 36 anos quen logo de moitos anos simultaneando distancias longas en pista, con campo a través e ruta, apostaba decididamente e de maneira moi acertada no ano 2023 pola maratón, logrando ata o momento os seus maiores logros.

A plusmarquista e heptacampioa de España absoluta de peso ao aire libre Belén Toimil, logra finalmente  no día de hoxe a súa inclusión no equipo hispano unha vez pechada a Road to Birmingham . Con esta participación Belén suma a súa vixésimo segunda internacionalidade e a súa cuarta participación nuns europeos logo dos de Amsterdan-2016,  Munich-2022 e Roma-2024 no que lograba a súa mellor actuación cun quinto posto de 18.43 m.

A marcha volverá unha vez máis a ser un dos sectores que máis galegos aporte á convocatoria internacional. Un total de tres marchadores e marchadoras defenderán en Birmingham a posición de honra que a nivel mundial ocupa a marcha en España. Na categoría feminina estarán tomando parte na distancia de media maraton marcha, Antía Chamosa e Aldara Meilán quenes xunto a campioa olímpica María Pérez, formarán un tridente de moitísimo nivel. A marchadora pontevedresa suma a súa décimo primeira internacionalidade nun ano no que se proclamaba campioa de España de media maratón. Xunto a Antía, a lucense Aldara Meilán completará a súa segunda internacionalidade nun ano no que daba xa o salto definito a elite mundial e no que xunto a Antía, lograban o pasado 12 de abril en Basilea, o subcampionato do mundo por equipos.

Dani Chamosa será o terceiro dos galegos desta especialidade. O maior dos Chamosa (4 internacionalidades), tamén lograba un gran podio mundial por equipos en Brasil, logrando recentemente durante o campionato de España o récord galego dos 10.000 m. que lle permitía ademáis, acadar a medalla de bronce.

No sector dos lanzamentos unha cada vez mais recuperada Yulenmis Aguilar volve pouco a pouco ao seu gran nivel logo dunha importante lesión. A lanzadora de orixe cubano e afincada na Coruña lograba recentemente o campionato de España da especialidade estando este ano preto da barreira dos 62 metros. Con esta convocatoria, suma a súa terceira internacionalidade como lanzadora española ( sumará a cuarta nos Xogos do Mediterráneo de finais de agosto, a onde tamen está seleccionada)

Por último o finalista olímpico e campión de Europa de pista cuberta Adrian Bén é outro dos galegos que acude logo de proclamarse campión de España nos 1.500 m. a pasada fin de semana. Adri que suma a súa decimosétima internacionalidade, viaxa nun gran momento de forma tanto físico como mental, o que sen lugar a dúbidas permitiralle estar na loita directa polos postos importantes dunha proba que contará cun altísimo nivel.

Con esta importante presenza de atletas, o atletismo galego continúa consolidando a súa importante presenza e protagonismo en competicións internacionais que xa nos pasados Xogos olímpicos de Paris permitían igualar o mellor rexistro logrado en Barcelona-92 con sete participacións.

Presenza galega de xuices

Ademáis da presenza de atletas, o estamento de xuíces galegos tamén estará representado ca participación oficial do internacional Guillermo Sandino, que malia súa xuventude, conta xa cunha importante e contrastada experiencia internacional como xuíz.

Foto portada RFEA

O artigo Galicia estará representada por sete atletas e un xuíz no Europeo de Birmingham publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Galicia estará representada por sete atletas e un xuíz no Europeo de Birmingham

Mas noticias relacionadas