OS KAMIKAZES ENCARGÁRONSE DE TERMINAR A COPA GALICIA DE DESCENSO

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

A quinta edición do descenso dos Kamikazes de Marín serviu para baixar o pano da Copa Galicia de Descenso 2018. Co pelotón habitual desta tempada presente na cita, os favoritos cumpriron no escenario do Lago Castiñeiras.

Jorge Panizo (Bici Verde) fíxose por vez primeira esta tempada coa vitoria absoluta e a segunda consecutiva na súa categoría sub23 tras gañar en Xunqueira de Espadañedo. O seu rexistro de 02:32.6 na manga final de Marín avantaxou en máis de catro segundos a Kevin Méndez ( Pulpeiros) que aseguraba con todo os puntos para facerse co triunfo final na Copa.

Os kamikazes se esmeraron en preparar un trazado mellorado con respecto a edicións anteriores para que puidese aumentarse o ritmo de baixada.

As primeiras categorías foron conformando os primeiros podios con percorridos que concluíron na franxa dos tres minutos. Marcos Abalo ( Castrobikes) venceu en infantís con 03:10; o cadete Diego Álvarez parou o crono en 03:03; Pablo Cruz (Raposo) marcou 02:59 en enduro e José Montenegro (Moto Bike) fixo 03:05 en master 40. Entre as mulleres, Paula Seoane ( Barbanzabike) foi a gañadora en master feminino aínda que a cadete Uxía Álvarez fíxose coa proba cun tempo final de 04:02.

O master 30 Rubén Castro (XBikes) foi o primeiro en marcar unha referencia de importancia con 02:39.9. A réplica deulla o seu compañeiro de equipo o arosano Víctor Mariño ( XBikes) que sumou en Marín o poker de vitorias na Copa e fíxose en propiedade co chaleco de gañador 2018.

Coa chegada dos sub23 a meta bateuse en dúas ocasións o tempo de 02:37 de Mariño. Primeiro fíxoo Kevin Méndez ( Pulpeiros) por milésimas e posteriormente Panizo (Bici Verde) que sentenciaba a proba. Nin sequera a chegada do líder do open en categoría elite, Manuel Pellón ( BDM) alterou a orde xa establecida.

Á conclusión da carreira impuxéronse as camisolas definitivas dos mellores ciclistas na Copa Galicia 2018 de descenso que obtiveron Manuel Pellón en elite, Uxia Álvarez en mulleres, Kevin Méndez (sub 23); Víctor Mariño (junior), Diego Álvarez (Cadete), Borja Comesaña (M30); José Montenegro (M40) e Manuel Paz (M50)


Enlace con la noticia original: OS KAMIKAZES ENCARGÁRONSE DE TERMINAR A COPA GALICIA DE DESCENSO

Mas noticias relacionadas