Os últimos títulos autonómicos de estrada entregáronse en Ourense

Publicado por: F.G. Ciclismo

Modalidades: 

Javier Busto ( Extol) en master 30, Rubén Fernández ( Norinver) en master 40, Javier de la Fuente ( Norinver) en master 50 e José Luis Riobó (Bueu) en master 60, subíronse todo o máis alto do podio para enfundarse os títulos de Campións de Galicia Master que se disputaron na vila termal de Baños de Molgas.

A carreira contou con máis dun centenar de ciclista e foi organizada polo Club Ciclista de Ourense e a Fundación Ado Moure coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo e contou cun percorrido de 73 quilómetros entre Baños de Molgas e a cima do alto de San Vitorio. Precisamente foi o alto de meta o que marcou o desenlace de carreira con tres homes loitando polo triunfo absoluto como foron Javier Busto ( Extol), Rubén Fernández ( Norinver) e Mikel Núñez ( MasterLouriña).

O ciclista vasco foi o máis rápido dos tres en liña de chegada o que lle valeu para a satisfacción de ser gañador da carreira mentres os seus rivais gozaban do ouro autonómico. Busto volveu lograr o título que xa obtivese en 2016 e Rubén Fernández suma un galardón que o pasado ano escapáseselle en Tuy cando era o principal candidato.

Aínda que a meta de carreira en alto parecía beneficiar ao master 30 vigués, Iago Alonso (Chantadino), ao final tivo que conformarse coa cuarta praza absoluta e o subcampeonato da súa categoría ao cruzar a meta con 11 segundos de desvantaxe con respecto ao trio cabecero.

Unha vez máis resultou meritoria a carreira de Javier de la Fuente ( Norinver), un master 50 de altas prestacións que acabou na sexta posición para revalidar o título galego da categoría.  José Luis Riobó (Bueu) proclamouse campión en master 60 despois de rematar segundo tralo asturiano Celestino Madera (De la Luz)

Á conclusión da proba procedeuse á entrega de medallas e imposición de camisolas nun acto ao que asistiron Xaime Igrexas, alcalde de Baños de Molgas; Carlos Moure, presidente do Club Ciclista Ourensán e Juan Carlos Muñiz, presidente Federacion Galega de Ciclismo.
Medallistas do Campionato de Galicia categoría master

 

Medalla

Master 30

Master 40

Master 50

Master 60

OURO

Javier Busto (Extol)

Rubén Fernández (Norinver)

Javier de la Fuente (Norinver)

José Luis Riobó (Bueu)

PRATA

Iago Alonso (Chantadino)

Eduardo Tajes (Norinver)

Antonio García (Louriña)

Francísco Crespo (Lobeira)

BRONZE

Federico Lamas (Estralos)

Diego Álvarez (MTC)

José Carlos Vila (Ría de Vigo)

Manuel Vigo (Oliveira)

 


Enlace con la noticia original: Os últimos títulos autonómicos de estrada entregáronse en Ourense

Mas noticias relacionadas