Publicado por: Marin Peixegalego
(FUENTE FEGABA)
A Copa Galicia nace en 1986 coa primeira edición da competición senior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o C.A.B. Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.
O primeiro vencedor fora o Leite Río Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da Copa Galicia ao quedar campión en once ocasións. Dende aquel ano, o torneo senior masculino celebrouse ano tras ano sen interrupción. En 1989 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa.
Ao longo do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías, ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe. Ao se celebraren as eliminatorias en distintas vilas e cidades, a Copa é, ademais, un dos grandes puntos de unión entre clubs, xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.
FASE PREVIA: PRECIOS PARTIDO 2 €
ABONO (3 PARTIDOS ) 4€
FASE FINAL PRECIOS Y HORARIOS POR CONFIRMAR
La entrada COPA GALICIA MARIN 2018 se publicó primero en Peixe Galego.
Enlace con la noticia original: COPA GALICIA MARIN 2018