Publicado por: F.G. Ciclismo
Disputouse en Ponteareas o Gran Premio Festas de Setembro, Memorial Josiño, onde participaron máis de 400 ciclistas e onde clubs de toda Galicia acudíronse para participar nunha gran proba, que ano tras ano logra superarse. Nesta edición a carreira dedicáronlla a Josiño, neno do club que durante un adestramento un vehículo arrebatoulle a vida, por iso realizouse un acto no que todos os clubs de Galicia participaron e mostraron o seu rexeitamento a estes asasinatos na estrada.
Os deportistas de todas as idades desta entidade estiveron practicamente presentes en todos os podiums da proba, tales como Jorge Fernández que resultou gañador na categoría cadete por diante de Rubén Fandiño e Adrián López (Compostelán). En categoría cadete feminina a vitoria foi para Claudia Garcia (Altairán) que estivo acompañada no podio por Carla Montoiro (Negreira) e Laura Fernández (2.0).
Martin Soutullo (Carballo a un paso) foi o vencedor en solitario en categoría junior masculino impoñéndose a Jorge Suarez (Cidade de Lugo) e Oussama Bechelaghem ( Caeiro). Antia Crende ( Cidade de Lugo) e Ana Belén Domínguez (Marín) formaron o podio junior feminino.
Enlace con la noticia original: O Ponteareas lembrou a Josiño no seu trofeo de setembro