A FGC suspende toda a súa actividade ata o mes de xuño

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Tras as reunións mantidas durante esta semana a Xunta Directiva da Federación Galega de Ciclismo (FGC) decide suspender toda a actividade deportiva ata o mes de xuño.

No ámbito das actividades de escolas do programa Xogade (categorías de base e cadetes) están todas suspendidas ata que a Xunta de Galicia informe do contrario. 

Aproveitamos este comunicado para reiterar a profunda dor que a FGC sinte polas consecuencias que está a deixar a pandemia do Covid-19. Acompañamos no sentimento ás familias que o están sufrindo e que non poden despedirse dos seus seres queridos. 


Enlace con la noticia original: A FGC suspende toda a súa actividade ata o mes de xuño

Mas noticias relacionadas