Publicado por: F.G. Ciclismo
A Federación Galega de Ciclismo organiza un curso de Soporte Vital Básico e DESA dirixido a xuíces árbitros e técnicos (directores, monitores, mecánicos, masaxistas, etc) con licenza en vigor no 2019 e impartido pola Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias. Celebrarase o sábado 26 de outubro, dende as 09:00 horas ata as 14:00, na Casa do Deporte de Vigo.
Os interesados atoparán o formulario de inscrición facendo click nesta ligazón. Esta xornada está limitada a 25 alumnos e o prezo é de 40 euros.
A actividade formativa para os alumnos será en fase de talleres teórico-práctico, con bonecos de simulación en grupos similares en número e folleto informativo sobre a temática, (reanimación cardiopulmonar, obstrución de vía aérea, etc)
Emitirase a cada alumno que supere satisfactoriamente os coñecementos e habilidades da formación, a certificación para acreditar o manexo de RCP e DESA, segundo criterios de sanidade, para dar de alta no rexistro de desfibriladores.
Adxúntase programa cos contidos do curso.
Enlace con la noticia original: O 26 de outubro celébrase o curso de Soporte Vital Básico e DESA organizado pola FGC