Foto na licenza 2020

Publicado por: F.G. Ciclismo

Tema: 

Desde as federacións autonómicas, co apoio da RFEC, vaise adoptar unha das últimas novidades recollidas na normativa UCI e que fai referencia ao deseño da licenza federativa: a licenza 2020 deberá ter unha fotografía do federado/a tipo carné impresa na propia tarxeta física.

Deste xeito, a partir do próximo ano, a foto (tipo DNI) en formato de imaxe será un documento obrigatorio na solicitude da licenza. Por este motivo, e para axilizar os trámites administrativos, rogamos que os clubs vaian subindo as fotos dos seus federados á zona privada na sección “Mis socios" "Licencias gestionadas"', editando a última licenza de cada federado na primeira icona e engadindo en 'Documentos' un novo documento tipo 'Foto Licencia'.

Ao mesmo tempo, achegamos unha guía de apoio para subir a foto que debe ser de tipo DNI, en formato de imaxe ( jpg, png) e cun fondo uniforme. Non valen en pdf, word, etc, nin tampouco as fotos con lentes de sol, con casco, gorra, etc.

Na guía, o punto 1º figuran as instrucións para os ciclistas que de forma particular teñan zona privada e no 2º punto (páxina 3) figuran as instrucións para os clubs.

Documentos: 

Enlace con la noticia original: Foto na licenza 2020

Mas noticias relacionadas