Javi Busto e Silvia García gañaron a Transheroica BTT Race

Publicado por: F.G. Ciclismo

Non houbo sorpresas na terceira edición da Transheroica BTT Race que se disputou esta fin de semana na Ribeira Sacra. Despois da contrarreloxo que os corredores acometeron o sábado en Chantada e da proba do domingo no Saviñao, cun circuíto de 65 quilómetros, o gañador final desta proba foi Javi Busto, do Extol La Gramola- Team, que investiu un tempo de 2:38:12 horas.

A segunda praza recaeu no corredor monfortino do Burgas Bike Team, Estefan González Expósito, que quedou a 33 segundos do vencedor final. O terceiro posto foi para o gañador da contrarreloxo do sábado, Brandán Márquez Fernández, que corre co Tres Lunas Valdeorras Merida- Team, que quedou a 2:23 minutos do campión.

Polo que respecta á categoría feminina, a clasificación non experimentou cambios con respecto á da xornada inaugural. Ao final das dúas etapas, a gañadora foi Silvia García Igrexas, do Bici Verde- Anca, que investiu un tempo de 2:38:32 horas. A segunda posición recaeu en Eva Ortega Aguilar, que quedou a 18:05 minutos.

Un percorrido idóneo

Nesta terceira edición da Transheroica BTT Race participaron un total de douscentos corredores, que mostraron a súa satisfacción polos percorridos. Na etapa do Saviñao a media foi alta, xa que ascendeu a 27 quilómetros por hora. O único problema co que se atoparon os corredores foi o vento que azoutou, sobre todo nos tramos de pista aberta. O Club Ciclista Chantadino xa pensa na próxima edición.

 

Fonte: La Voz de Galicia 


Enlace con la noticia original: Javi Busto e Silvia García gañaron a Transheroica BTT Race

Mas noticias relacionadas