[⚠APRAZADA⚠] RUTA AOS ANCARES (sábado 20 outubro)

Publicado por: Lucus Atletismo

[[⚠RUTA APRAZADA ATA NOVO AVISO⚠]]

 

Rematado o mes de setembro e ben entrado o de outubro logo do San Froilán, o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA organiza  unha xornada de convivencia para todas e todos os atletas, adestradores e persoas que constitúen o Club, co único obxectivo de vincular a práctica de actividade física coa relación interpersoal entre a comunidade que forma parte desta familiar entidade.

Por iso, este SÁBADO 20 DE OUTUBRO terá lugar unha RUTA AOS ANCARES, desde primeira hora da mañá ata media tarde, na que poderedes desfrutar dun percorrido pola montaña lucense, partindo desde as Pistas de Atletismo ata a zona de A Degrada e arredores, onde dará comezo a travesía polos seus camiños e paisaxes naturais.

Se queredes saber máis detalles, seguide lendo!

 

INFORMACIÓN DETALLADA

  • A participación nesta xornada terá carácter aberto e gratuíto, podendo anotarse todas e todos os atletas, adestradores e demais persoas que forman parte do Club e do último ano da nosa Escola de Atletismo (desde o ano 2006 e anteriores), así como os/as familiares e acompañantes que o desexen (respectando ese intervalo de idade).
  • Para facer a INSCRICIÓN, podedes cubrir o seguinte ➤ FORMULARIO ONLINE ou enviar unha mensaxe electrónica a calquera dos enderezos dispoñibles (➤ CONTACTO), habendo como prazo límite para facelo ata o XOVES 18 DE OUTUBRO ás 12:00 horas; co fin de poder ultimar os detalles da xornada en función das persoas inscritas.
  • A SAÍDA será o SÁDADO 20 DE OUTUBRO ás 8:45 horas desde as Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera en autobús (terán preferencia as primeiras 40 persoas anotadas) ata a zona de A Degrada, onde comezará o percorrido a pé pola montaña (aproximadamente, de entre 4/5 horas, incluíndo os tempos de descanso).
  • A VOLTA será o mesmo día ao remate da ruta, contando a parada para comer, aproximadamente sobre as 18:00 horas da tarde (hora orientativa).
  • Para que se leve a cabo, deberá existir un mínimo de 10 persoas inscritas; no caso de non cumprirse, avisarase o xoves 18 de outubro, ao remate do prazo para as inscricións. O mesmo XOVES 18 DE OUTUBRO, publicarase na web a LISTA DE PERSOAS INSCRITAS, co obxectivo de confirmar que non existan erros no cumprimento do formulario ou extravíos das mensaxes electrónicas. Se algunha persoa inscrita non aparecese na lista, poñédevos en contacto con nós de forma urxente para a revisión e modificación dos datos.

 

CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES

  • As persoas que participen deberán traer da casa a comida do mediodía (bocadillo ou semellante), auga e algún aperitivo, se o desexa, para o percorrido; pois alí non haberá lugar onde comprar o xantar.
  • Ademais da mochila coa comida, deberán adecuarse con roupa de abrigo (sudadera, forro polar, cortaventos, anorak, pantalón largo, etc.) e calzado adecuado para camiñar pola montaña.

 

Podes acceder ao FORMULARIO DE INSCRICIÓNS tamén desde a seguinte imaxe.

 

Calquera dúbida ou cuestión que teñades, podedes contactar con nós a través do apartado ➤ CONTACTO da web.

 

ESPERÁMOSVOS!

©Fotografía orixinal


Enlace con la noticia original: [⚠APRAZADA⚠] RUTA AOS ANCARES (sábado 20 outubro)

Mas noticias relacionadas