48 equipos tomarán parte na VIII Final ABANCA

Publicado por: F.G. Atletismo

O pasado fin de semana remataron as fases previas da VIII Liga ABANCA que deixaron como resultado a clasificación de 48 equipos que tomarán parte este domingo día 15 na gran final.

Novamente será a pista cuberta de Ourense quen acolla esta interesante proba que pasa por ser a gran festa do atletismo galego en canto a categorías base do noso deporte. Precisamente un dos seus principais obxectivos nacería ca finalidade de dinamizar estas categorías ofertando un formato de probas que deran remate ca disputa dunha gran festa final.

Competitividade e deportividade

O Vila de Cangas é con nove títulos, o equipo que máis triunfos ten dos participantes, seguido polo Ourense Atletismo con seis, ADAS Proinor con tres, e Sociedad Gimnástica e Millaraio con dous. Serán precisamente os clubs de O Barco e do Ourense quenes aspiren a todos os podios xa que os seus equipos estarán presentes en todas as categorías.

O Celta loitará por acadar súa primeira victoria na categoría Sub14 mulleres onde aparece empatado a puntos co Vila de Cangas na primeira posición por estadillo. De igual modo o mesmo estadillo da ó Atletismo Noia na categoría feminina Sub10, o primeiro lugar dos equipos participantes cuxa condición terá que refrendar si desexa inscribir por vez primeira o seu nome no palmarés de gañadoras/es.

Toda esta emoción, gañas e entusiasmo da festa do atletismo base poderémola ver o domingo dende as 10.30 horas ata as 14.15 h.

O artigo 48 equipos tomarán parte na VIII Final ABANCA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: 48 equipos tomarán parte na VIII Final ABANCA

Mas noticias relacionadas