Publicado por: F.G. Atletismo
Celebrouse esta pasada fin de semana nas pistas luceneses do Gregorio Pérez Rivera o Campionato Xunta de Galicia Sub16 na que a climatoloxía foi a protagonista.
Un día antes da celebración do campionato, a Xunta de Galicia alertaba dun fenómeno atmosférico adverso polo que decretaba a alerta laranxa que obrigaba a suspender a actividade deportiva federada na xornada de tarde.
Malia elo, sobre as probas disputadas cabe salientar o triunfo en combinadas de Eloy Fernández do At. Piringalla quen sumaba unha puntuación de 4.336 puntos en octatlon, correspondendo o título galego en exathlon feminino para Celia Couto do Rías Baixas con 3.632 puntos
No resto de probas, excelente rexistro de Sofia Paz da At. Barbanza quen lograba 12.26 sobre a proba dos 100 m. (MMP)
A doce centésimas quedaba pola súa banda, Mencia Álvarez de A Gándara (MMP) de baixar dos tres minutos nos 1000 m. nunha boa carreira. Brais Rey do Atletismo Estrada en homes, remataba sobre a mesma distancia en 2.42.75
Seguindo co fondo, nos 3.000 m. eran tanto Irene García do Ferrol At. con 10:21.35 como Sergio Silva do Trega con 9:17.69 os máis rápidos nas súas finais. Pola súa contra, boa carreira da favorita Matilda Veiga do Pinarium sobre a proba dos 300 valos quen dominaba con 45.76
Sobre os listóns de pértega, triunfo fácil para Inés Muradas do Celta At. que chegaba ata os 3.06 m. polos 3.01 de Breogán López do Mazí na categoría masculina. Sen abandonar as colchonetas, Naira López do Comesaña S.C. lograba o título autonómico de altura con 1.57 m.
Ata os 13.02 m. tivo que chegar o saltador do Lucus Caixa Rural Galega Asier Otero e os 11.34 m. Uxía González de La Purísima, para proclamarse campións galegos de triplo salto
No círculo de peso, o favorito Mario Casal do Sanysec-Ourense lanzaba ata os 14.57. Ángela Lendoiro do Narón, pola súa contra, enviaba o disco ata os 42.96 (MMP) que a sitúan no terceiro lugar do ranking da RFEEA. En homes era Mateo Seijo do Celta At. quen lanzaba ata os 44.13 m.
A clara e destacada líder do ranking en España en xavelina Gabriela Bouzada do Celta At., lanzaba no seu último intento ata uns cómodos 41.29 m.
Xa por último, na marcha masculina Antón Díaz do Narón nunha emocionante chegada con Mateo Miñán da Gimnástica, proclamábase gañador cun gran rexistro de 13:35.98 que o levan ata os potos altos do ranking de España. Na categoría feminina, foron máis claros para impoñerse, os 14:39.76 de Eva Iglesias do Lucus
Reanudacion do campionato
O resto de probas que non puideron celebrarse levaranse acabo o mércores a partires das 17.30 horas sendo válidas as marcas que se obteñan de cara ao campionato de España.
O artigo A alerta laranxa condicionou o desenvolvemento do galego Sub16 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A alerta laranxa condicionou o desenvolvemento do galego Sub16
