A base do atletismo cítase en Pontevedra

Publicado por: F.G. Atletismo

As pistas Universitarias do CGTD de Pontevedra serán o esciario no que se desenvolverá unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 o vindeiro sábado día 09 de Xuño.

Precisamente acaba de rematar a presentación oficial deste importante evento organizado pola Delegación da FGA en Pontevedra e que conta co patrocinio de Xunta de Galicia e Concello de Pontevedra e que polas súas características, pasa por ser unha das máis concurridas tanto polo número de atletas e técnicos como polo volume de público que ata o CGTD se achegarán a presenciar a evolución desta proba.

Da mesma maneira o importante número de clubes procedentes de todas as delegacións será unha oportunidade ideal para que ademáis da competición, a socialiación, a deportividade e o compañerismo marquen unha xornada na que os valores inherentes ó deporte pasen por ser o máis importante.

O campionato que será en dobre xornada, dará comezo as 10.00 horas para rematar sobre as 20.30 horas

GUIA DO CAMPIONATO

O artigo A base do atletismo cítase en Pontevedra publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A base do atletismo cítase en Pontevedra

Mas noticias relacionadas