A. Femenino Celta e S. Gimnástica, acadan os últimos títulos do ano

Publicado por: F.G. Atletismo

O Atletismo Feminino Celta cun total de 9.400 puntos e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes con 11.989 p. resultarían gañadores no V Campionato de Galicia de Probas Combinadas por clubs que se desenvolvería esta fin de semana na pista cuberta de Ourense.

As celestes cementarían o seu título no colectivo en parte grazas ós trunfos de Eva Queimaño (con dúas atletas por diante pero fora de concurso) na categoría absoluta cun excelente rexistro de 3.317 puntos (mínima nacional Sub20) así como en Eva Reija na categoría Sub18 con 2.769 p. Por parte dos pontevedreses sería Yago Boleas na categoría Sub18 con 4.082 puntos quen lograría o título individual da súa categoría.

Xunto ó Celta Femenino no podio estiveron os clubs Atlética Lucense con 8371 p. e o Franciscanos de Lugo con 6826 p. sendo o Real Club Celta co 9928 p. e o Atletismo Narón quenes acompañaron ós campións masculinos.

Resultados

O artigo A. Femenino Celta e S. Gimnástica, acadan os últimos títulos do ano publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A. Femenino Celta e S. Gimnástica, acadan os últimos títulos do ano

Mas noticias relacionadas