Publicado por: F.G. Atletismo
Unha potente Selección Galega de cros viaxa a Córdoba
Comeza este ano 2026 ca primeira gran cita para a Selección Galega de Atletismo que non é outra que a disputa do Campionato de España de campo a gtravés por Seleccións para as categorías Absoluta, Sub23, Sub20, Sub18, Sub16 e remudas mixta que se levará a cabo durante as xornadas do sábado e domingo na localidade granadina de Almodovar del Río.
En concreto, a Selección Galega estará formada por 54 integrantes que terán o difícil reto de estar ao nivel do ano pasado en Getafe de onde se voltaba con sete medallas, (dous ouros e pratas e tres bronces) logrando de igual modo un total de 11 postos de finalistas.
Categorías Sub18 e Sub16
Os primeiros en abrir esta intensa fin de semana serán os integrantes da Selección Sub16 e Sub18 o sábado a partir das 11:000 horas.
Nesta primeira xornada, as bazas galegas máis importantes serán as que se teñan depositadas tanto en Sabela Castelo do Sanysec-Ourense como Xoel Franco do Celta Atletismo
A internacional ourensá lograba o ano pasado proclamarse campioa de España Sub18 o que lle permitía debutar como internacional no Campionato Iberoamericano do que voltaba cunha excelente segunda posición. Pola súa banda Xoel Franco sube este ano á categoría Sub18, logo de facer no 2025 outra non menos destacada tempada na que sumaba ao título de campión de España en campo a través, o de 1000 m. no aire libre, distancia esta, na que lograba batir o récord de España.
Pola súa banda, o lucense e subcampión de España Sub16 nos 3000 m. Enrique García Garcia-Boente será outro dos atletas importantes dentro do combinado galego sen esquecer a Paula Fernández quen lograba a cuarta posición nos 3000 m. no campionato de España Sub18.
No tocante á categoría Sub16, estarán liderando a selección Lía Núñez da Atlética Lucense e Brais Rey do C.A.Estrada gañadores ámbolos dous, do campionato Galego de campo a través celebrado recentemente en A Rúa.
Categorías absoluta, Sub23, Sub20
Xa na xornada de domingo, será o momento de ver en acción ao resto dos integrantes da nosa selección comezando polas Sub20 nas que tomarán parte as irmáns Debris e Demuku Paniagua quenes gañaban o pasado ano a súa internacionalidade logrando ademáis neste mesmo campionato, o segundo e terceiro posto do podio. Xunto elas, Sabela Martínez e María Estévez intentarán repetir o gran campionato do 2025 que daba a Galicia o título de campioas de España Sub18.
Nos homes, outro gran combinado Sub18 liderado polos internacionais Alex Sierpes, -segundo o ano pasado-, Teo de Frutos e Asheber Díaz intentarán, xunto a Anxo Bello e Iker Fernández, estar nos postos importantes deste campionato e pelexar por un podio moi disputado e difícil.
Na categoría Sub23, a internacional e campioa galega absoluta de cros Enma Méndez, quen o pasado ano remataba na segunda posición, estará formando xunto Sara Guedes, Leyla Villar, Isabel Caeiro e Ainoa Gontan un equipo moi competitivo que practicamente mantén a estructura do ano pasado na que quedaran a escasos puntos da zona de podio. Na categoría masculina, o campión galego Pepe Sánchez del Valle será pola súa banda, quen esté ao fronte da selección xunto a Mario Rodríguez, Nuno Moure, Alex Iglesia e Sergio Quintas.
Xa na categoría absoluta masculina, o campión galego David de la Fuente lidera un combinado galego que intentará mellorar o noveno posto por equipos logrado o ano pasado. Xunto el estarán compartindo obxectivos o subcampión galego Jorge Puig así como Pedro Liste, Yago Ignacio García e Esteban Iglesia.
Na categoría feminina a baixa da olímpica Ester Navarrete, obriga a coller os mandos da Selección á subcampioa galega Angela González quen regresa novamente á competición con moita motivación e forza. Xunto ela estarán a campioa de Europa por equipos en Piemomte 2022 Antía Castro; a campioa galega de cros do ano pasado Itziar Manso, e a sexta clasificada no campionato galego Himi Lamiyae.
Por último, tamén o combinado galego tomará parte na proba de remudas mixta na que participarán Inés Docampo (4º no campionato galego), Pablo Bocelo, Eva Piñel e Pablo Ulloa.
O artigo A Irmandiña de cros viaxa con sede de podios a Córdoba publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A Irmandiña de cros viaxa con sede de podios a Córdoba
