A marcha galega desprázase ao nacional de Getafe

Publicado por: F.G. Atletismo

Getafe dará acollida este domingo día 17 aos Campionatos de España invernais de promoción e de 10 Km máster que nas modalidades de marcha en ruta xuntará a máis de 160 atletas achegados de todos os puntos do Estado.

Por parte galega, acudirán representando ao noso atletismo un total de doce marchadoras e marchadores na procura dun bo resultado tanto a nivel de rexistro como de clasificación no que será a última proba importante da modalidade do ano.

Entre a presenza galega salienta  a participación da marchadora lucense internacional e actual campioa de España Aldara Meilán da Atlética Lucense, quen este ano xa se proclamaba campioa de Europa por equipos na edición desenvolta en Podebrady.

Xunto á lucense tamén tomarán parte o atleta máster, e campió mundial e europeo Juan Manuel Morales del Castillo do Marineda quen parte como claro sobre nos 10K, na M45.

A subcampioa de España no 2021 Emilia Mesa do Atletismo Sada tamén aspira a estar en postos de podio na categoría F45 ao igual que a ourensá Soledad Pousa na F50

Completan a relación de galegos participantes, Icía Ares de A Silva; Marta García Boente e Pablo Sánchez da Atlética Lucense; Alba Morales do Marineda Atlético; Anxo Jamargo da Gimnástica de Pontevedra; Nicolás Collazo do Ames Savante; Andrea Cainzos da Mochila del Deporte e Herminia Grande do Ourense Atletismo.

 

 

O artigo A marcha galega desprázase ao nacional de Getafe publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A marcha galega desprázase ao nacional de Getafe

Mas noticias relacionadas