A Marcha Galega intentará agrandar o seu importante palmarés en Burjassot

Publicado por: F.G. Atletismo

Logo da disputa o pasado fin de semana do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, deuse a coñecer a composición da Selección Galega que tomará parte o vindeiro día 25 de febreiro no concello valenciano de Burjassot, no Campionato de España de Federacións Autonómicas.

A esta cita acuden un tota de 18 marchadores das categorías Sub-16 e Sub-18 ca misión de intentar mellorar esos postos acadados o ano pasado na illa de El Hierro e na que a nosa Comunidade subiría en todos os podios por equipos acadando un total de catro medallas.

Para elo acudirá cunha potente selección na que cabe salientar a presencia da internacional Antía Chamosa que estará acompañada, entre outras, por Leyre Aramburo na categoría Sub-20 feminina. Roberto Vieiro, vixente campión galego absoluto acudirá xunto Brais Prieto medalla de bronce, ó fronte dun equipo Sub-20 disposto a defender as cores da selección.

Por último Mateo Díaz e María Aboy gañadores a semana pasada en Cangas no seu autonómico encabezan o grupo da categoría Sub-16 quenes tamén defenden podio.

O artigo A Marcha Galega intentará agrandar o seu importante palmarés en Burjassot publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Marcha Galega intentará agrandar o seu importante palmarés en Burjassot

Mas noticias relacionadas