Un récord e moitas MMP despiden a pista cuberta co Sub-16

Publicado por: F.G. Atletismo

Logo de toda unha longa e moi destacada actividade invernal de pista cuberta, este pasado fin de semana poríase o punto e peche á mesma ca disputa do XXXI Campionato de Galicia sub-16 en Ourense.

Nunha soa xornada que condensaría o calendario, darían comezo as distintas probas na que o máis salientable sería o Récord Galego da atleta do ADAS-Proinor Belén García quen nas semifinais dos 60 m.v., e nunha fantástica carreira, marcaría un crono de 8.91. que ademais a colocan de terceira no ranking nacional da presente tempada. Por si fora pouco, esta mesma atleta colleitaría o trunfo nos 60 m. establecendo un rexistro non menos importante de 8.08. Na categoría masculina e sobre esta mesma distancia, destacado tamén o papel de Erik Fernández do Celta quen gañaría con 7.43 así como a do atleta do San Miguel de Oia David Ngwudile quen marcaría un tempo oficial de 38.17 nos 300 m.

Os 600 m.l. depararían excelentes rexistros da man das atletas lucenses Ainara Rodríguez do Maderas Barcia Lourenzá, campioa galega con 1:38.76, e de Carmen Victoria González do Franciscanos de Lugo, subcampioa, con  1:39.63. Nos homes o tamén atleta do Franciscanos Álvaro López domiñaría a súa final conseguindo un destado rexistro de 1:29.21.

Outra das excelentes probas que presenciaríamos correspondería a proba dos 1.000 m. onde o atleta do Vila de Cangas Lope Quinteiro pararía o crono en 2:40.24 polos 2:40.73 de Iker González do Franciscanos de Lugo e na que ambos atletas logo dun fantástico “carreirón” entrarían no ranking nacional nos postos 2º e 5º respectivamente. Da mesma maneira o cangués fariase co título galego no concurso de peso cuns excelentes 13.44 m.

Seguindo con actuacións destacadas e xa nos 3.000 m, Hugo García da Gimnástica de Pontevedra proclamaríase campión galego cun rexistro de 9:01.77. Esta marca supón uns dos mellores rexistros da categoría a nivel galego facendo que ademáis de liderar o ranking nacional de maneira destacada, se convirta nun atleta a seguir moi de preto na súa evolución. Na categoría feminina e na mesma proba, bo rexistro tamén para Noelia Sánchez do A.Friol con 10:53.07 .

Carla Mourelle do Lucus Caixa Rural Galega sería a protagonista dos saltos despóis de impoñerse con excelentes rexistros tanto na lonxitude con 5.19 m. como no triple con 10.84 m.

No peso duelo interesantísimo entre a lucense do Friol Paula Piñón e a céltica Antía Sestelo. Ó remate, trunfo da primeira con 11.47 m. polos 11.34 m. de Sestelo que deixan moi boas sensacións nesta especialidade para a tempada de aire libre que xa amosa.

Resultados

Podio Galego Pista Cuberta Sub-16 2018

O artigo Un récord e moitas MMP despiden a pista cuberta co Sub-16 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Un récord e moitas MMP despiden a pista cuberta co Sub-16

Mas noticias relacionadas