A raiña das probas en ruta agarda polos seus gañadores

Publicado por: F.G. Atletismo

O vindeiro domingo día 15 de Abril acontecerá unha das grandes probas atléticas de ruta como é o desenvolvemento do Campionato de Galicia de maratón que coincide ca disputa da a VII Maratón Atlántica A Coruña 42 organizada pola Federación Galega de Atletismo e Concello de A Coruña.

Esta importante cita, que se achega a súa sétima edición, verá de novo polas principais rúas herculinas a varios centos de participantes disfrutar deste importante evento deportivo e social, que contará este ano ca participación de importantes especialistas á cabeza dos cales se atopan o olímpico portugués Luis Feiteira. En canto a participantes galegos estarán da mesma maneira na línea de saída Pedro Nimo, así como Mónica Granero que defenderá o título acadado o ano pasado, ou mesmo a gañadora do 2016, María Rosario Figueroa.

Ó longo de todas as edicións, a Marathon Atlántica foi esciario dos distintos Campionatos de Galicia malia que como é costume,  celebrarase de maneira parella unha proba de 10 km. que permitirá facer máis asequible a participación a todos cantos que desexen tomar parte.

PALMARES FEMININO CORUÑA-42. CAMPIONATO GALEGO
Ed. Ano data Atleta Clube rexistro
I 2012 15 Abril María Cabadas 3.10.56
II 2013 21 Abril María Jesús Gestido 2.40.23
III 2014 27 Abril Sonia Teijeiro Ourenrunning 3.05.56
IV 2015 19 Abril María Rosario Figueroa 3.05.39
V 2016 17 abril Charo Figueroa 3.02.37
VI 2017 23 abril Mónica Granero 2.59.02

 

PALMARES MASCULINO CORUÑA-42. 
Ed. Ano data Atleta Clube rexistro
I 2012 15 Abril Tewodros Zewdu Asfaw Etiopía 2.19.47
II 2013 21 de Abril Javier Guerra Atletismo Bikila 2.12.21
III 2014 27 Abril Rafael Iglesias C.A.Adidas 2.15.58
IV 2015 19 Abril Manuel Penas Blanco NB Team 2.19.39
V 2016 17 abril David Pelisek Rep. Checa 2.29.27
VI 2017 23 abril Javier Paredes 2.33.55

 

En negrita, os campións de Galicia

O artigo A raiña das probas en ruta agarda polos seus gañadores publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A raiña das probas en ruta agarda polos seus gañadores

Mas noticias relacionadas