Case 2000 inscritos no Gran Fondo Caixabank 2025

Publicado por: S.G.Pontevedra

O prazo de inscrición do Gran Fondo Caixabank 2025 termina ás 23:59h do 12 de outubro. Quedan poucos días, por tanto, para que os corredores se poidan anotar neste gran evento deportivo.

Polo de agora, as inscricións marchan de boa maneira e quedan moi poucos ocos para cubrir. Na distancia do medio maratón hai máis de 1100 corredores anotados e tan so quedan preto de 70 prazas. Mentres, na distancia dos 10km tan so quedan 10 ocos para poder participar nesta competición ao haber xa 590 anotados.

Lembramos que en ambas distancias estamos no terceiro prazo de inscrición dende o primeiro día de mes. Agora, o medio maratón custa 30€ e a distancia curta, 15€.

Na carreira de menores, hai máis de 110 anotados e quedan máis de 180 prazas dispoñibles. Aí o custo sempre é dun euro.

Anotados destacados

E, mentres continúan as inscricións, seguimos confirmando atletas de renome. A última en apuntarse é Natalia García, segunda o ano pasado no medio maratón cun rexistro de 1:24.56. Este ano, quere volver a subirse ao podium e seguro que llo pon difícil ao resto de contrincantes.

Recollida de dorsais

Antes de que remate o período de inscricións, xa abre o prazo para a recollida de dorsais. A partir do 10 de outubro e ata o día 18, so os que se anotaron nos primeiro e segundo prazo poden empezar a coller o seu dorsal. Será nas tendas oficiais que marcaron no momento de realizar a inscrición.

Para o resto dos participantes, poderán coller o seu número de identificación a partir do día 15 na tenda Miler Vintage Running Club (rúa Peregrina, 6, soto, Pontevedra); ou o día da carreira se es un deportistas de fóra de Pontevedra. Nesta última opción, a localización para retiralos é na Pavillón Universitario de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Case 2000 inscritos no Gran Fondo Caixabank 2025

Mas noticias relacionadas