A Rúa abre a tempada de campo a través

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana arrinca oficialmente a tempada dos campionatos Xunta de Galicia de campo a través ca disputa do  autonómico de remudas mixto que se levará a cabo no Concello de A Rúa, coincidindo ca celebración da final provincial da Copa Deputación de Ourense de Atletismo.

A esta cita, acuden un total de trinta atletas en representación de sete clubs inscritos, entre os que destaca a participación da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, quen lograba proclamarse, na pasada edición celebrada en Ames, campión galego. Ademáis do vixente gañador estarán sobre o circuito ruano o ADAS CUPA; Ría de Foz; La Purísima; C.A.Sada; S.D Compostela e Agrupación Viguesa.

Este campionato ademáis, é clasificatorio para disputa do Campionato de España que se levará a cabo o vindeiro 23 de Novembro en Atapuerca.

Circular

O artigo A Rúa abre a tempada de campo a través publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Rúa abre a tempada de campo a través

Mas noticias relacionadas