A selección galega de Trail Running viaxa a Murcia

Publicado por: F.G. Atletismo

A Nosa selección galega de Trail Running toma parte esta fin de semana no Campionato de España de T.R. que se desenvolve na localidade murciana de Ojós. Ao fonte dela estará o seu responsable técnico Iván Sangiao quen viaxará co adestrador Amador Pena xunto a un total de 12 homes e 9 mulleres seleccioadas.

A seguir medrando e crecendo

O Campionato dará comezoas 9.30 h. do domingo día 10 ca saída da primeira das carreiras da categoría absoluta para dar paso media hora máis tarde, á saída da categoría de promoción (Sub20) e Sub23

En canto ao circuito presenta un corte clásico de subida e baixada, que para o gusto de  Iván Sangiao “preferíamos un trazado máis técnico”. Sobre o tempo, todo apunta a que non será unha xornada con moita temperatura o cal sí favorece a nosa selección que poderá compitir contra os mellores especialistas nacionais e mundiais da modaliodade.

Os favoritos como sempre, serán as seleccións de Catalunya, Andalucía e Euskadi ás que se lle engade Murcia, en calidade de anfitriona.

Sobre os obxectivos marcados, estes pasan por seguir acumulando experiencia e ir medrando sobre esta modalidade quen tan só conta cuns poucos anos de rodaxe na nosa comunidade . Malia elo, haberá que seguir moi de preto as evolucións do equipo Sub20 cuxos integrantes, tanto no individual como no colectivo, poderían estar entre os postos destacados da proba.

Convocatoria

 

O artigo A selección galega de Trail Running viaxa a Murcia publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A selección galega de Trail Running viaxa a Murcia

Mas noticias relacionadas