A Selección Galega Sub16 viaxa a La Nucía

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de 34 atletas forman a Selección Galega Sub16 que acudirá esta fin de semana a tomar parte no Campionato de España por Federacións que se levará a cabo no Estadio Olimpic Camilo Cano da localidade valencía de la Nucía, organizado pola Real Federación Española de Atletismo, por delegación do Consello Superior de Deportes, en colaboración co Concello de La Nucía, a Federación de Atletismo de la Comunidad Valenciana e as Federacións Españolas de Deporte Adaptado

O potente combinado galego, aspira a mellorar os resultados logrados o ano pasado en Tudela na que as mulleres remataban na sexta posición e os homes na quinta. Nun campionato no que a priori, as Seleccións de Catalunya, Andalucía e Comunitat Valenciana estarán na pelexa polo título, a Irmandiña, acude con nada menos que ca presenza dun total de dez medallistas do pasado campinato de España Sub16 celebrado en Xixón.  Entre os mesmos, destaca a presenza dos campións Xoel Franco, que o ano pasado remataba no terceiro lugar a quen veremos tomando parte na proba dos 1.500 obstáculos; Hugo Zuloaga que participará sobre a proba dos 600 m. e Bruno Castro quen fará o propio sobre o foso de lonxitude. Na categoría feminina, a tamén campioa de España Gabriela Bouzada, intentará reeditar o seu triunfo no concurso de xavelina.

No resto de actuacións compre salientar a presenza dos tamén medallitas en Xixón, Sara Caamaño líder do ano no concurso de peso; Mateo Refojo nos 100 m.; Enrique García García nos 3.000 m; Mauro Seguín nos 300 valos; Mateo Valcarce na marcha así como os especialistas en combinadas Olivia Gitiérrez (terceira o pasado ano) e Joel Santana quen participarán sobre as probas de lonxitude e de 100 valos respectivamente.

Plan de viaxe

A Irmandiña parte cara a La Nucía este venres desde o Aeroporto de Alvedro estando previsto o seu regreso o domingo de noite. Ao fronte do grupo viaxará o Director Técnico David Ferrer, quen estará acompañado polos responsables técnicos José Carlos Tuñas, David Gómez e Mayka Jueguen.

O artigo A Selección Galega Sub16 viaxa a La Nucía publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: A Selección Galega Sub16 viaxa a La Nucía

Mas noticias relacionadas