Publicado por: S.G.Pontevedra
O Gran Fondo Caixabank pecha o segundo prazo de inscricións con máis de 1500 persoas anotadas. En total, son máis de 1000 na distancia do medio maratón e case 500 nos 10km. Ademais, hai máis de 50 participantes nas probas de menores.
Son rexistros que están rozando bater o récord de participación. A partir de agora, os que se queiran apuntar para participar o próximo 19 de outubro no Gran Fondo Caixabank, entran xa no terceiro prazo de inscricións. Isto supón que anotarse nos 10km custa 15€; mentres que no medio maratón o prezo é de 30€. Na categoría de menores, o prezo mantense sempre en 1€.
Por segundo ano consecutivo, ofrécese un servizo de autobuses cun custo irrisorio de 3€. Haberá dous autocares, un que percorrera A Coruña e Santiago e outro que irá polas cidades de Ourense e Vigo. Un servizo que xa pechou o seu prazo de solicitude, xa que so se podía pedir ata o segundo prazo de inscricións.
Últimas confirmacións
E mentres continúan os prazos de inscricións, coñecemos a máis participantes de renome. Entre eles, Natalia García, atleta que quedou segunda na edición pasada no medio maratón e que este ano quere volver a subirse ao podium.
Tamén na liña de saída do medio maratón estará Víctor Puyuelo, atleta do Vicky Foods Athletics, que conta cuns rexistros de 29:40 nos 10km e de 1:04.34 no medio maratón.
E nos 10km, un dos atletas que busca entrar na historia do Gran Fondo Caixabank é Hassan Izzeddine. O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra buscará cruzar a meta en primeiro lugar.
A estas confirmaciónos, hai que sumar as xa anunciadas. O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e campión galego absoluto en múltiples ocasións, Carlos Porto; ou outros como Ismael Allagui, atleta que pertence ao Vicky Foods Athletics; ou Cora Saburido, medallista noutras edicións do Gran Fondo.
O Gran Fondo Caixabank celebrarase o próximo domingo, 19 de outubro na cidade de Pontevedra. O percorrido é homologado e conta cun gran final nas pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra. Tamén percorre diversos lugares emblemáticos da cidade do Lérez.
Enlace con la noticia original: Máis de 1500 inscritos no Gran Fondo Caixabank