Publicado por: F.G. Atletismo
Achegados xa ó remate do mes de xuño, o calendario de probas atléticas segue avanzando co desenvolvemento esta fin de semana en Tarragona do Campionato de España Sub23 que se achega a súa edición trixésimo cuarta.
A esta cita acude a nova e exitosa xeración do noso atletismo, ca mente posta en mellorar as seis medallas do ano pasado en Soria. Para elo na velocidade contaremos ca atleta do Lucus CRG Adiaratou Iglesias quen tomará parte nos 200 m. logo de establecer recentemente na final do campionato galego un crono de 24.73 onde Paula Iglesias batiría o récord galego absoluto con 24.64. Será precisamente esta última atleta quen tome parte sobre os 400 m. ca intención de acadar o título nacional e mellorar o seu bronce do ano pasado en Soria.
Outra importante presenza será a de Adrián Ben quen sairá sobre os 1.500 m. ca mente posta en acadar o título nacional malia contar ca segunda mellor marca dos participantes.
Tariku Novales parte como favorito sobre os 5.000 m. onde se achega como líder do ranking con 13:33.08 e na que a nova máis agardada é a presenza de Miguel González do Lucus CRG quen acude logo de competir en apenas tres probas. Na categoría feminina sairá sobre esta mesma distancia Laura Santos do Lucus CRG.
Nos valos sairá Claudia Rojo quen con 14.22 intentará estar nos postos importantes na final dos 100 v., ainda que será sobre os 400 valos onde estará na loita polo título grazas a esos 1:00.43 que a sitúan ca segunda mellor marca das participantes. Sobre esta mesma distancia tamén estará Ana Pajarrón do Riazor Coruña quen se achega con 1:02.63.
A altura contará ca internacional absoluta Saleta Fernández quen parece recuperada da súa lesión que lle impediu seguir progresando e no que malia elo, acude ca mellor marca das participantes de 1.81 m.
Nos lanzamentos Claudia Puig da Gimnástica con 36.66 m. en disco e 40.27 m. en xavelina intentará estar nos postos importantes de ambos. Será precisamente nesta última proba onde Andrea González, quen debuta nesta categoría, aspira ó título nacional grazas ós 50.78 m. que a sitúan ó fronte das participantes.
Na marcha Antía Chamosa sobre os 10.000 m. ten serias opcións de estar na loita polo título grazas ós seus 48:34.0 de os Cantones da Coruña. Nos homes Daniel Chamosa estará de igual modo na loita polos postos de honra nun ano no que o da Gimnástica volvería a competir a un bo nivel logo de superar os seus problemas físicos. Nesta mesma proba estará marchando Brais Picón quen acude ca décima mellor marca.
Por último Santiago Rozas do Lucus CRG tomará parte na proba dos 110 m.v. con obxectivo de mellorar os seus 15.31 e de acceder a postos de finalista.
Nos relevos 4×100 m. tanto os homes do Marineda Atlético como as mulleres Riazor Coruña, intentarán mellorar os seu respectivos sexto e cuarto posto logrados no ano pasado.
O artigo A xeración dos Sub23 á procura de medallas en Tarragona publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: A xeración dos Sub23 á procura de medallas en Tarragona