Aberta a inscrición para a VII Liga ABANCA de menores

Publicado por: F.G. Atletismo

A Federación Galega de Atletismo, como ven desenvolvendo nos últimos anos, organizará a VII Liga Galega ABANCA de menores para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

Esta importante cita seguirá co formato dos últimos anos, mantendo as dúas fases de competición. A primeira será unha fase previa que se desenvolverá nas zonas provinciais de A Coruña,  Pontevedra e zona Lugo – Ourense. Os equipos clasificados desas fases terán dereito a disputa da fase final prevista para o día 22 de decembro na Pista Cuberta de Ourense.

A proba que conta cun importante número de atletas e equipos participantes, pasa por ser un dos eventos máis multitudinarios de todas cantas se celebran no calendario de pista, sendo o Atletismo Vila de Cangas, con nove triunfos nas distintas categorías, a formación con máis victorias nesta Liga.

Palmarés Liga ABANCA de menores

O artigo Aberta a inscrición para a VII Liga ABANCA de menores publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Aberta a inscrición para a VII Liga ABANCA de menores

Mas noticias relacionadas