Adi Iglesias, Pemio Nacional do Deporte 2019 do CSD

Publicado por: F.G. Atletismo

O pasado día 20 o Consello Superior de Deportes, fallaba os premios Nacionais do Deporte correspondentes a edición do ano 2019.

Estes galardóns, que convoca anualmente o CSD, teñen como fin facer expreso recoñecemento das persoas e entidades que, ben pola súa directa actividade ou iniciativa persoal, ben como partícipes no desenvolvemento da política deportiva, contribuíron en forma destacada a impulsar ou difundir a actividade físico-deportiva.

Nos mesmos estivo representado o atletismo galego da man da lucense Adi Iglesias Forneiro quen recibiu o Premio Rei Juan Carlos polos méritos contraídos así como polos ¨ resultados obtidos durante o ano que tiveran suposto a revelación máis significativa do panorama deportivo¨

Lembramos que o ano 2019 sería o ano do seu despegue a nivel internacional logrando dúas medallas de prata nas distancias dos 100 e dos 200 m. nos  Campionatos Paramundiais desenvoltos en Dubai. A maiores lograba impoñerse no Campionato de Galicia Absoluto sobre as mesmas distancias logrando ese mesmo ano o récord galego absoluto dos 200 m. cun rexistro 24.31.

2021 ano o seu gran ano

Con posterioridade, a súa gran consagración prodúxose no pasado ano 2021 durante a celebración dos Xogos Paralímpicos nos que a atleta do Lucus Caixa Rural Galega facía historia para o noso deporte. Nesa inesquecible edición olímpica quixo engadir á prata lograda por Ana Peleteiro semanas antes, dous novos metais máis que sumar ao simbólico ano do Centenario da creación da Federación Galega de Atletismo. En concreto gañaba o primeiro ouro do noso deporte nunha cita paralímpica sobre a distancia dos 100 m. (na categoría visual T13)  áo que se lle sumaba outra non menos marabillosa e extraordinaria medalla de prata desta vez sobre os 400 m.

O artigo Adi Iglesias, Pemio Nacional do Deporte 2019 do CSD publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Adi Iglesias, Pemio Nacional do Deporte 2019 do CSD

Mas noticias relacionadas