Alevins mulleres bronce no Campionato Galego por Equipos

Publicado por: S.G.Pontevedra

O sábado 12 de maio tivo lugar en Lugo o Campionato Galego de clubes sub10, sub12 e sub14 con presenza dos equipos da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

O equipo feminino sub12 da Sociedad Gimnástica de Pontevedra acadaría o bronce  con 117 puntos por detrás de Vila de Cangas con 129 e AVA 125, nunha categoría onde participaban nada menos que dezaoito  equipos. Tres terceiros postos :Paula Porto nos 60 lisos (9.11) , Marina Pérez no salto de lonxitude ( 3.84) , e Carmen Saavedra no salto de altura (1.23) ;  dous cuartos postos Paula Rodríguez nos 2km marcha ( 13.10.40) e Medhanith Pereira no lanzamento de peso (6.67) , a sexta posición de e de Uxia López en pelota (18.58) , a sétima posición de Candela Filgueira nos 500 (1.43.97)  , o undécimo posto  do relevo formado por Noa Pereira , Uxia López, Nuria García e Paula Torres (40.33) ; e a decimoterceira posición de Emma Cabanas en 1000 metros( 3:53:48)  fixeron que o  equipo acadase os 117  puntos para finalizar terceiras na clasificación final. Parabéns 

 

Os alevins masculinos finalizarían  en octava posición con  90.5 puntos, destacando o cuarto posto de Óscar Martinez en pelota, dous quintos postos de Lucas Tristán en altura e Eloy Acuña en peso, a octava praza de Daniel Fernández nos 2km marcha.

En sub 10 a Sociedad Gimnástica presentou  solamente equipo masculino que finalizaría undécimo  con 70 puntos sendo as actuacións mais destacadas a victoria de Anxo Jamardo nos 1000 metros marcha cun tempo de 6:19:18,  a segunda posición de Iago Abreu en lanzamento de peso con 7.69 , a cuarta posición de Jesús Bua en lanzamento de pelota con 20.43 e o sétimo posto de Iago Abreu en altura con 0.93 m.

Dos equipos sub 14 as mulleres finalizarían  no posto 16ª e os homes no 14º , destacando  en mulleres a quinta posición de Cloe Rial en martelo con 21.08,  a sexta posición de Addis Gallego en 1000 metros cun tempo 3:36:36 e a oitava posición de Gadea bravo nos 220 valos con  40.38 , namentras que en homes as millores posicións foron os quintos postos de Ignacio López en 220 valos con 36.51 e Matías Moldes en lonxitude con 4.16m, os sextos postos de Óscar Monteagudo nos 80 lisos con 11.66 , de Antón Sotelo en 150 con 22.53 sg e de Matías Moldes na pértiga cun salto de 1.65.

Agradecer ás familias e aos monitores  o seu apoio en todo momento , nunha xornada moi longa sempre pola alta participación, con  un desprazamento  de moitos kilómetros, e sin a vosa axuda esto non sería posible. Ten que  quedar nos nosos atletas o disfrute dunha xornada de convivencia, e de ganas de seguir aprendendo e disfrutar do atletismo.

Resultados sub14
Resultados sub 10
Resultados sub 12

La entrada Alevins mulleres bronce no Campionato Galego por Equipos aparece primero en Sociedad Gimnastica de Pontevedra.


Enlace con la noticia original: Alevins mulleres bronce no Campionato Galego por Equipos

Mas noticias relacionadas