Alhama e Madrid centran a actualidade nacional

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana os intereses dos nosos/as atletas a nivel nacional pasan pola cita do Campionato de España máster de milla, 10.000 m., combinadas e pentathlon de lanzamentos, que se desenvolverá no CMD Moratalaz de Madrid onde acuden un total de 21 atletas galegos/as.

Entre eles destaca a participación de varios dos nosos/as medallistas e plusmarquistas máster internacionais como é o caso de Esther Pedrosa quen tomará parte tanto nos 10.000 m. como na milla. Acompañan a de Santiago nesta ultima distancia o recórdman mundial José Vicente Rioseco e o medallista internacional Javier Toro.  Rubén Diz e Xosé Luis Otero Cepeda nos 10.000 m. así como Emilia Mesa no pentatlón de lanzamentos, pechan a punta de lanza galega.

De  igual modo a Selección Galega de probas combinadas tomará parte no Campionato de España da modalidade que terá por escenario a localidade murciana de Alhama durante esta fin de semana

O Combinado galego formado por Alicia MerinoAdolfo Sainz-MazaAndrea Reija e Yago Boleas teráse que enfrontar ás federacións de Cataluña, Valencia, Castela-León, Madrid, Canarias e Andalucía.

Lembramos que a última participación da selección sería en Ciudad Real no 2017, onde ocuparía o sexta lugar.

Relación de Galegos-as no Campionato de España Máster. Madrid 2019

Campionato de España de Combinadas de Federacións autonómicas. Alhama 2019

O artigo Alhama e Madrid centran a actualidade nacional publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Alhama e Madrid centran a actualidade nacional

Mas noticias relacionadas