As Universidades galegas na procura dunha boa nota en Ciudad Real

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de 22 atletas matriculados, e 30 si engadimos o resto, será o número de universitarias galegas e galegos que tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España Universitario de Atletismo que se levará a cabo en Ciudad Real.

Á mesma se achegan as universidades da U.D.Vigo como institución académica galega que máis atletas aporta a este campionato cun total de dez, seguidos pola U.S.Compostela con sete, pechando a U.D.Coruña con cinco.

Entre a relación de participantes destaca a presenza de dúas importantes atletas da UCAM con ficha galega. Por unha banda, contaremos no concurso de peso ca olímpica e plusmarquista nacional Belén Toimil, e pola outra ca tamén campioa de España en xavelina Carmen Sánchez, ambas co obxectivo marcado de reeditar o título nacional logrado o pasado ano en León.

Sen abandonar os lanzamentos, a Universidade da Coruña terá en Paula Piñón, prata o ano pasado, a súa mellor baza de medalla na proba de xavelina. Pola súa banda, Jacobo Soler da Universidade de Vigo, terá a oportunidade de mellorar o bronce do 2023 e de seguir ca súa importante progresión sobre os 400 m.

Outros dos finalistas da edición do 2023 como Hugo García nos 1500 e 3000 Obstáculos, Xabier Lires nos 400 valos, Carlos Revuelta en martelo, Xiana Lago en peso, Cristina Garrido nos 100 m., Andrea Villaverde en lonxitude, María Fernández nos 800 m., Alba Pérez na marcha, así como Iria Filgueira e Victoria Eiríz en martelo, estarán a bo seguro, na loita polos postos top deste certame.

O artigo As Universidades galegas na procura dunha boa nota en Ciudad Real publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: As Universidades galegas na procura dunha boa nota en Ciudad Real

Mas noticias relacionadas