AVISO IMPORTANTE – LICENZAS 2020

Publicado por: Lucus Atletismo

Información importante para a tramitación das licenzas deportivas de cara a NOVA TEMPADA 2020, que este ano abarcará de xaneiro a decembro de 2020.

O prazo para facer chegar ao Club a documentación correspondente será do 11 ao 29 de novembro de 2019 (fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta aboar os posibles recargos que se apliquen).

Lémbrase que o procedemento para realizar a ALTA ou RENOVACIÓN é a seguinte:

  • Cubrir a ficha de inscrición do Club (➤ aquí).
  • Adxuntar o xustificante do pago da cota anual (100€).
  • Tarxeta de residente e certificado de empadroamento (SÓ ATLETAS DO ESTRANXEIRO).

IMPORTANTE: a partir de decembro, debedes autorizar o CONSENTIMENTO LEGAL para o tratamento dos datos persoais por parte da Federación (podedes facelo desde ➤ aquí). Lembrade que, sen ter autorizado o consentimento legal, a Federación non tramitará a licenza deportiva.

Podedes facernos chegar a documentación de xeito presencial na oficina do Club, en horario de tarde, ou enviala a través do enderezo electrónico (atletismolucus@yahoo.es). 

Grazas a todas e todos por confiar en nós unha tempada máis e, se dubidades, animádevos a probar!

Enlace con la noticia original: AVISO IMPORTANTE – LICENZAS 2020

Mas noticias relacionadas