Balaidos preparase para un emocionante galego de clubs

Publicado por: F.G. Atletismo

A disputa do XX Campionato de Galicia de Clubs este sábado supón un dos primeiros acontecementos importante do calendario atlético do aire libre da tempada. Con este evento organizado entre outros polo Real Club Celta, e A.F. Celta,  arrinca o calendario de campionatos que terá como esciario as pistas viguesas de Balaidos como xa o fixeran nas edicións do 2005, 2007, 2009

O formato competitivo (de atleta por proba)  fai que esta cita pase por ser un dos acontecementos máis emocioantes do calendario oficial de probas dando pe, da mesma maneira, a que os clubes poñan a punto as fichaxes e poidan medir as súas forzas de cara a esa inminente competición de clubs que a nivel nacional dará comezo en poucas datas.

Este ano tanto a Gimnástica de Pontevedra como o RIA Ferrol terán que defender o título acadao o ano pasado precisamente nas pistas ferrolanas da Malata. Para elo terán enfronte as dúas seccións dos Celta cuio equipo feminino ven de experimentar un importante medre nas últimas tempadas sendo proba delo o título acadado na Copa de Clubes de Pista Cuberta.  As ferrolanas con doce títulos pasan por ser as riváis a batir.

Na categoría masculina de igual modo, loita interesantísima a que se verá entre os celestes o os do Lérez ca  hexemonía do Celta en hoxo logo de encadear catro títulos consecutivos (do ano 2013 ó 2016) rachados precisamente na edición pasada na que gañaría a Gimnástica sumando o seu cuarto título polos sete dos vigueses.

Da mesma maneira a nivel individual, presencia destacada de un bo número de atletas importantes, garante espectáculo e vistosidade a esta competición.

Presentación do Campionato

No día de hoxe tería lugar a presentación na casa do Deporte de Vigo do XX Campionato de Clubs ca presenza do  Xefe do Servizo Provincial de Deportes Daniel Benavides así como a do Presidente da FGA Isidoro Hornillos. Xunto eles estarían Migel Larrea Delegado da FGA en Vigo, José Angel Serantes Presidente do Celta e e José Angel Rodríguez, secretario do citado clube organizador.

Durante o acto acudirían varios medios informativos ós que se lles faría entrega da “Guía do Campionato”. De igual modo tamén estarían diversos atletas, adestradores, xuices e demáis estamentos arroupando este encontro.

O artigo Balaidos preparase para un emocionante galego de clubs publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Balaidos preparase para un emocionante galego de clubs

Mas noticias relacionadas