XX CAMIPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS (sábado 21 abril en Vigo)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciaclubs_210418.jpg
 
Esta fin de semana o Lucus Caixa Rural Galega estará presente un ano máis cos seus equipos feminino e masculino para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS ao aire libre, que terá lugar na localidade viguesa o sábado 21 de abril. Coñece os/as atletas que nos representarán, o horario das probas e o plan da viaxe!!
O Estadio Municipal de Balaídos acollerá a XX Edición desta gran cita na pista ao aire libre, que servirá para experimentar novas sensacións logo da tempada de pista cuberta. Un total de case 40 atletas viaxarán ata Vigo para formar parte deste encontro atlético, no que se reúnen os oito mellores clubs do panorama galego para intentar facerse co título de campión galego absoluto. 
 
Ao longo da xornada de mañá e de tarde, terán lugar as seguintes probas expostas no HORARIO, xunto cos/as atletas que se encargarán de dar o mellor de si en cada unha delas, co obxectivo de sumar puntos no reconto global dos EQUIPOS feminino e masculino (podedes consultar o regulamente directamente desde 👉aquí). 
 
ctogaliciaclubs_210418-horarioequipos.png
 
NOTA IMPORTANTE: Para todas e todos os atletas que constitúan os equipos, sairá un autobús (lugar e hora pendente de confirmación), parando nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera para coller as pértegas correspondentes e continuar coa viaxe ata Vigo. A comida será tamén alí e, ao remate da competición, voltarase a Lugo no mesmo autobús. Se non o confirmastes todavía, informade polo grupo de WhatsApp se viaxaredes en bus ou en vehículos propios e se quedades a comer.
 
BOA VIAXE E XA SABEDES, A DAR O MELLOR!!
 

Enlace con la noticia original: XX CAMIPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS (sábado 21 abril en Vigo)

Mas noticias relacionadas