Belén entra no club das grandes

Publicado por: F.G. Atletismo

Belén Tuimil acaba de conseguir no día de hoxe a sétima posición no Campionato de Europa de lanzamento de peso na localidade polaca de Torun logo de lanzar ata os 18.01, a segunda mellor marca de sempre

Esta posición fai que Belén logre o que ata hai apenas uns días era algo impensable… ocupar un posto de finalista nun concurso destas características e afianzarse sobre a barreira dos 18 metros.

A mugardesa acudía a esta cita despois de vir realizando un ano impresionante. Incluída a última hora na selección española que facía xustiza a unha moi boa tempada, achegábase á cita europea con moi boas sensacións demostrándoo na xornada de onte na que dunha maneira extraordinaria lanzaba ata os 18,64 m. o que representa un novo récord de España e unha mínima para tomar parte nos Xogos Olímpicos de Tokio algo inimaxinable para Belén fai tan só unhas datas.

Esta competición ademais, sitúana na elite do lanzamento de peso e o máis importante, é que con moi boas sensacións para poder seguir progresando nesta especialidade.

O campionato de Galicia de pista cuberta en Expourense o próximo día 14 de marzo no que tomará parte, sen ningunha tensión e ante a súa xente, será un fantástico escenario para poder seguir soñando.

Resultados da final

 

O artigo Belén entra no club das grandes publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Belén entra no club das grandes

Mas noticias relacionadas